martes, 31 de enero de 2006

cadeas

'ninguén é libre, incluso os paxaros viven encadeados ao ceo'
bob dylan


quen ben me quere e a quen ben quero lincoume a este xogo e a quen ben che quere e a quen ben queres (ademais de que te faga chorar) hai que lle facer caso. iso si, estou en contra das cadeas (a isto prefiro chamarlle convite) así que non penso encadear a ninguén, quen guste de expresar as súas teimas, que asubíe. aí van, para quen queira saber, cinco teimas-defectos-vicios:

1. facer listas interminables (nunca mellor dito porque nunca as remato...) de tarefas pendentes, de cousas por facer.
2. acender e apagar a luz sempre tres veces.
3. deixar para mañá o que podo facer hoxe...
4. tocar algo coa extremidade oposta coa que acabo de tocar algo para que a outra non quede 'descompensada'...
5. perder a vista nun punto: miro algo pero en realidade estou vendo algo moi distinto. é unha sensación que me relaxa. moito.

bonus track: ulir sempre o que vou comer e poñer o despertador para, alomenos unha hora antes de me erguer (dándolle ó 'snoozer' cada cinco minutos ata que non teño máis remedio ca erguer o cú da cama)

e así, ata mil...

miércoles, 25 de enero de 2006

mildeu

xa as eirugas escudriñaron por riba de tódolos santos.
xa algunhas esvararon pola xiada, outras apreixaron nas túas teas de araña e, as máis afortunadas, migraron.
xa medraron e caeron as follas dos cadernos, pecharon as caixas de aforros e pudriu a pouca carne de entre a pel e os ósos.
xa pasou o tempo de sementar-segar-sementar-etcétera.
xa viviches, completo, o ciclo do crecemento do millo

lunes, 23 de enero de 2006

excusas de mal pagador


interpreto que me provocas co que me 'non-dis', pero desta volta non, eu non xogo

jueves, 19 de enero de 2006

a tentación


é máis vermella ca nunca

martes, 17 de enero de 2006

a-mar-o-faro


a escuridade sobrevenche a traizón berrándoche dende o alto que a violentes, a lañes, a deixes sangrando luz... todo é un caos, desorde, mil frontes abertas, milleiros de millóns de astros que non das abarcado nin sequera co obxectivo do ollo de peixe.
o xastre non che deu a feitura do xiro, do as de guía,
ti só queres atar cabos,
apreixar o hálito do mar
ti fuches feita para ser
redeira

le fabuleux destin d'amélie i. c.


raíña das rías altas e das rías baixas,
futura presidenta da xunta

lunes, 16 de enero de 2006

o desafío


ata aquí e esta boca é miña dirixindo o exército a embarcar en min. súas pola borda de calquera nao de látex. coma a boca, a pel é miña:
-cúbrete con elas, úntate de balor

miércoles, 11 de enero de 2006

agasállame


hoxe tócame a min
terei un premio se che pinto unha flor?

martes, 3 de enero de 2006

unica

Unica Zürn
Untitled, 1961
Ubu Gallery
¿Y si no se mata al caer y la salvan?
Unica Zürn, Primavera Sombría

lunes, 2 de enero de 2006

sen transición

de súpeto teño tanta présa, tanto que dicir, que contar, tanto que botar fóra que afogo no meu propio vómito