borrador universal
de 'sempre' houbo: unha barreira, un balcón de ferro, unha finestra di fronte
para: non derrubar, non saltar, non axexarme a min mesma.
falaba a sede por min. saía o mar pola túa boca.
PERO nadaches ata esta beira e emerxiches salgado, sabendo a suor, a esta carne de oliva.
quería parapetarme neste punto (.) mirar os barcos, non me bañar.
e como foi? como fixeches subir a marea?