miércoles, 30 de noviembre de 2005

vías

Teño tres amigos e unha viaxe en pendente. Comprométome a cousas que non quero cumprir.
Teño tamén un caderno con follas cuadriculadas, tres axendas en branco:
unha de pel, unha de dousmilcinco e outra escolar, das que rematan (in)xusto no mes de setembro.

viernes, 25 de noviembre de 2005

jueves, 24 de noviembre de 2005

incluso...



... a roupa interior é hoxe morada.

os antollos.

as marcas de nacemento.

viernes, 18 de noviembre de 2005

aférese


Nos soños apareces en b/n, nun dos dezaseis novenos dun plasma. Sanguíneo.

'Ti sen cor sobre fondo azul', titularía o cadro.

(unha franxa de arco da vella que feriu de morte algún papaventos)

Non hai apósitos que che paren a hemorraxia. Todo é derramar cor.

E ti en b/n mentres lle das á conciencia uns puntos de sutura.