aférese
Nos soños apareces en b/n, nun dos dezaseis novenos dun plasma. Sanguíneo.
'Ti sen cor sobre fondo azul', titularía o cadro.
(unha franxa de arco da vella que feriu de morte algún papaventos)
Non hai apósitos que che paren a hemorraxia. Todo é derramar cor.
E ti en b/n mentres lle das á conciencia uns puntos de sutura.