ás voltas é verde pero torna vermello
porque non estou exenta nin libre de pecado. pero ti cando me ollas dende este húmido espazo no que te invento, varres coas pestanas a terra seca que me cobre as pálpebras. prantas mapoulas entre as pedras. deixas que agrome o eu en ti, o binomio que retroalimento cando fago ouvear aos cans.
asubiei tal día coma o lunes, febrero 13, 2006