miércoles, 1 de julio de 2009

pel


teño un rexistro perecedeiro. fala o ar.
todo o que viva, todo o que morra, permanece de certo na pel. no meu particular museo de mauthaussen.

jueves, 11 de junio de 2009

pan con mar


volvo á constancia porque estou triste e repito.
pan con pan.
querer non é unha obriga.

lunes, 8 de junio de 2009

multitude


Distínguese polo halo que a rodea. Presta atención. É unha pantasma de metal.

lunes, 11 de mayo de 2009

borrador universal



de 'sempre' houbo: unha barreira, un balcón de ferro, unha finestra di fronte 
para: non derrubar, non saltar, non axexarme a min mesma.
falaba a sede por min. saía o mar pola túa boca.

PERO nadaches ata esta beira e emerxiches salgado, sabendo a suor, a esta carne de oliva.
quería parapetarme neste punto (.) mirar os barcos, non me bañar.

e como foi? como fixeches subir a marea?

lunes, 2 de marzo de 2009

mudar



la lógica no se alquila. 
mira lo que hemos conseguido: un tesoro. 
cajas con miles de palabras. cero spam

quizás mañana, en otro hemisferio, 
deshagamos las maletas y pongamos cada cosa en su lugar, 
a cada uno en su sitio.

haremos que las paredes resuenen como un 
((((instrumento de percusión))))

jueves, 12 de febrero de 2009

temporal


facía tempo que non me permitía pasar por aquí -alí-. foi coma unha excursión valente, improvisada, ao corazón do parque da cidade de salvador de bahía. foi camiñar escoltada polas farc. foi peor que unha colección de discos, que quitarlle o pó á caixa. foi atoparte paseando polas rúas de barcelona. un vendaval.

miércoles, 17 de diciembre de 2008

pingas

.

.
.
.
.
.
. . .
   .    .   .     .
 .    .    .
      .     .    ..
           .  .
               . .
                    .
pecha o paraugas, bota a andar, (pensa en agosto)


miércoles, 3 de diciembre de 2008

la solitudine dei numeri primi



"Nella serie infinita dei numeri naturali, esistono alcuni numeri speciali, 
i numeri primi, divisibili solo per se stessi e per uno."

sábado, 22 de noviembre de 2008

atmosfera protectora


non se trata dun simple cristal. é unha atmosfera protectora. fóra hai cans, chuvia, ruido, vapor gris, smokers que die younger e tres coches que arrancan en segunda.

do teu lado tes a visión borrosa, as chaves dos coches e maila indecisión.

se atravesas a liña, se rompes o cristal, vas sentir o que sinte a ameixa fóra da cuncha.

domingo, 14 de septiembre de 2008

in-decisión


afástate a min, fíreme, estou xeada

"cúrate de mí, amor mío"
alejandra pizarnik

jueves, 5 de junio de 2008

colección de cicatrices















párase a analizalo todo pero aínda non sabe moi ben como chegou ata ese punto de cruz: aliñado, perpetuo, coma un batallón de infantería.

está tan ben na corda frouxa, saltando dun punto ao outro, lañando as veas do pulso, que para que non continuar a greca.

nunca o dixo en alto pero sempre soubo que nalgún momento chegaría a ser funambulista.



lunes, 28 de abril de 2008

a batalla


parapétaste detrás de min e convírtome en escudo humano. pénsao ben. a covardía ten ás veces un efecto bumerán.

martes, 22 de abril de 2008

autorretrato


-resistindo-

domingo, 13 de abril de 2008

posguerra


caeume a alma aos pés cando cheguei alí e vin aquilo así, feito cascallo. contáronme que da rabia rompera o cristal cunha pedra roma (das do pai-nai-fillo), roubara as chaves e -lonxe de fuxir inmediatamente- se parou con parsimonia a abrir a pechadura cando xa non tiña sentido, celebrando unha eucaristía. o resto fíxoo o tempo que, sutilemente, traballou na destrucción tinguindo de gris a madeira que dera acubillo á súa verdadeira historia. mirar para alí máis dun segundo era como estar facendo o amor coa morte. lenemente.

lunes, 17 de marzo de 2008

ollos que non ven

domingo, 16 de marzo de 2008

axudas á vivenda

velaí ía, arrandearse naquilo que inventou: a festa infinita das fins de semana. sumando dardos dos de tirar a dar. que ben! canta cousa en tan poucas horas de mentira!

os ollos cegos, as mans atadas, o peito no seu sitio (vivindo de alugueiro). pousas o dedo onde non debes e voltas á cadea. falo do cárcere.

martes, 26 de febrero de 2008

resposta retórica


xa non é preciso que preguntes.


cando todo era gris escuro:


eu estaba aquí.

lunes, 11 de febrero de 2008

cromoterapia




a foto é un agasallo de ma agasallou
la foto es un regalo de quien me la regaló


pedín un retrato de azul ao lonxe, nun anaquiño de ceu escuro-negro-sen vida. e aplicáchesme unha untura na nora que tí vías virar. cantar as corenta en radios, vinte en diámetros.
así de cor, dun disparo, engaioláchesme o verde enriba dun guindastre vermello.


*****


pedí una fotografía de azul a lo lejos, en un trozo de cielo oscuro-negro sin vida. y me aplicaste una pomada en la noria que tú veías girar. cantar las cuarenta en radios, veinte en diámetros. así de color, de un disparo, enjaulaste el verde desde una grúa roja.

lunes, 21 de enero de 2008

a meta


non dou chegado. e a sensación é como a de estar no cuarto dun rato, nun curruncho escuro e húmido -pero seco-. bótame unha man.

miércoles, 31 de octubre de 2007

a distancia


estás na cama do hotel. o hotel é tipo anos setenta, con lámpadas por todas partes. hai duas camas. na mesiña do medio hai unha radio-espertador que ten os números en verde. pon as 5:51. á túa esquerda hai un sofá onde deixaches a roupa. na outra cama tes papeis e dous libros. pola ventá ves a cidade ao fondo e a zona dos hoteis, máis preto. ves os rótulos do four rouses, do marriott e do hilton. tamén ves como aterran os avións no aeroporto. as sabas son brancas e as mantas dunha cor indescriptible a esas horas da madrugada. o chan é de moqueta. tes unha cafeteira, unha prancha, unha caixa forte e unha televisión grande. escoitas os avións de fondo cando se aproximan.

o resto é silencio