a distancia
estás na cama do hotel. o hotel é tipo anos setenta, con lámpadas por todas partes. hai duas camas. na mesiña do medio hai unha radio-espertador que ten os números en verde. pon as 5:51. á túa esquerda hai un sofá onde deixaches a roupa. na outra cama tes papeis e dous libros. pola ventá ves a cidade ao fondo e a zona dos hoteis, máis preto. ves os rótulos do four rouses, do marriott e do hilton. tamén ves como aterran os avións no aeroporto. as sabas son brancas e as mantas dunha cor indescriptible a esas horas da madrugada. o chan é de moqueta. tes unha cafeteira, unha prancha, unha caixa forte e unha televisión grande. escoitas os avións de fondo cando se aproximan.
o resto é silencio
o resto é silencio