miércoles, 20 de junio de 2007

choves

Cantas cousas se quedaron aí arriba, parapetadas ao revés -nunha chuvia de paraugas de helio- chovendo cara o ceo, nacendo de abaixo. Unha burbulla de gas, un pano de fondo de cristal líquido. Aí están, cabezas erguidas, pel delicada e disfraz de raposo. A ameaza do anzol de prata de 925. Todo extremadamente sensible, moi delicado.
Oes o mar como chove?