miércoles, 3 de diciembre de 2008
sábado, 22 de noviembre de 2008
atmosfera protectora
non se trata dun simple cristal. é unha atmosfera protectora. fóra hai cans, chuvia, ruido, vapor gris, smokers que die younger e tres coches que arrancan en segunda.
do teu lado tes a visión borrosa, as chaves dos coches e maila indecisión.
se atravesas a liña, se rompes o cristal, vas sentir o que sinte a ameixa fóra da cuncha.
asubiei tal día coma o
sábado, noviembre 22, 2008
domingo, 14 de septiembre de 2008
jueves, 5 de junio de 2008
colección de cicatrices

párase a analizalo todo pero aínda non sabe moi ben como chegou ata ese punto de cruz: aliñado, perpetuo, coma un batallón de infantería.
está tan ben na corda frouxa, saltando dun punto ao outro, lañando as veas do pulso, que para que non continuar a greca.
nunca o dixo en alto pero sempre soubo que nalgún momento chegaría a ser funambulista.
está tan ben na corda frouxa, saltando dun punto ao outro, lañando as veas do pulso, que para que non continuar a greca.
nunca o dixo en alto pero sempre soubo que nalgún momento chegaría a ser funambulista.
asubiei tal día coma o
jueves, junio 05, 2008
lunes, 28 de abril de 2008
a batalla
parapétaste detrás de min e convírtome en escudo humano. pénsao ben. a covardía ten ás veces un efecto bumerán.
asubiei tal día coma o
lunes, abril 28, 2008
martes, 22 de abril de 2008
domingo, 13 de abril de 2008
posguerra
caeume a alma aos pés cando cheguei alí e vin aquilo así, feito cascallo. contáronme que da rabia rompera o cristal cunha pedra roma (das do pai-nai-fillo), roubara as chaves e -lonxe de fuxir inmediatamente- se parou con parsimonia a abrir a pechadura cando xa non tiña sentido, celebrando unha eucaristía. o resto fíxoo o tempo que, sutilemente, traballou na destrucción tinguindo de gris a madeira que dera acubillo á súa verdadeira historia. mirar para alí máis dun segundo era como estar facendo o amor coa morte. lenemente.
asubiei tal día coma o
domingo, abril 13, 2008
lunes, 17 de marzo de 2008
domingo, 16 de marzo de 2008
axudas á vivenda
os ollos cegos, as mans atadas, o peito no seu sitio (vivindo de alugueiro). pousas o dedo onde non debes e voltas á cadea. falo do cárcere.
asubiei tal día coma o
domingo, marzo 16, 2008
martes, 26 de febrero de 2008
lunes, 11 de febrero de 2008
cromoterapia
a foto é un agasallo de ma agasallou
la foto es un regalo de quien me la regaló
la foto es un regalo de quien me la regaló
pedín un retrato de azul ao lonxe, nun anaquiño de ceu escuro-negro-sen vida. e aplicáchesme unha untura na nora que tí vías virar. cantar as corenta en radios, vinte en diámetros.
así de cor, dun disparo, engaioláchesme o verde enriba dun guindastre vermello.
*****
pedí una fotografía de azul a lo lejos, en un trozo de cielo oscuro-negro sin vida. y me aplicaste una pomada en la noria que tú veías girar. cantar las cuarenta en radios, veinte en diámetros. así de color, de un disparo, enjaulaste el verde desde una grúa roja.
asubiei tal día coma o
lunes, febrero 11, 2008
lunes, 21 de enero de 2008
miércoles, 31 de octubre de 2007
a distancia
estás na cama do hotel. o hotel é tipo anos setenta, con lámpadas por todas partes. hai duas camas. na mesiña do medio hai unha radio-espertador que ten os números en verde. pon as 5:51. á túa esquerda hai un sofá onde deixaches a roupa. na outra cama tes papeis e dous libros. pola ventá ves a cidade ao fondo e a zona dos hoteis, máis preto. ves os rótulos do four rouses, do marriott e do hilton. tamén ves como aterran os avións no aeroporto. as sabas son brancas e as mantas dunha cor indescriptible a esas horas da madrugada. o chan é de moqueta. tes unha cafeteira, unha prancha, unha caixa forte e unha televisión grande. escoitas os avións de fondo cando se aproximan.
o resto é silencio
o resto é silencio
asubiei tal día coma o
miércoles, octubre 31, 2007
miércoles, 20 de junio de 2007
choves
Cantas cousas se quedaron aí arriba, parapetadas ao revés -nunha chuvia de paraugas de helio- chovendo cara o ceo, nacendo de abaixo. Unha burbulla de gas, un pano de fondo de cristal líquido. Aí están, cabezas erguidas, pel delicada e disfraz de raposo. A ameaza do anzol de prata de 925. Todo extremadamente sensible, moi delicado. Oes o mar como chove?
asubiei tal día coma o
miércoles, junio 20, 2007
miércoles, 16 de mayo de 2007
martes, 13 de marzo de 2007
lunes, 26 de febrero de 2007
jueves, 1 de febrero de 2007
jueves, 28 de diciembre de 2006
viernes, 1 de diciembre de 2006
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















