martes, 27 de diciembre de 2005

simetrías


estaba alí. era exactamente igual a ti. o mesmo pelo, a roupa, os xeitos. todo era igual menos a copa, os lentes, as mans. claro, as mans.

quíxenme -achegar-, preguntar, tocar, comprobar se o meu RH segue a ser positivo (+).

non fun quen e despreguei a capa. envolvinme nela. marchei. dei un paseo de cunchas e follas, de madrugada.

cunchas e follas. de madrugada.

censura vermella

liberdade de expresión. desculpas pola imposición de silencios. abofé que foi fozando e sen pretendelo. e funme dar conta case de casualidade... desculpas

(grazas a todos os que asubiáchedes. non deixedes de facelo)

lunes, 19 de diciembre de 2005

vaiamos ao gran


comecemos a peteirarnos

lunes, 12 de diciembre de 2005

chemineas de fadas

dende aquí, descubrín os sitios nos que se divide o mundo:
os que xa viches e ós que te quero levar

miércoles, 30 de noviembre de 2005

vías

Teño tres amigos e unha viaxe en pendente. Comprométome a cousas que non quero cumprir.
Teño tamén un caderno con follas cuadriculadas, tres axendas en branco:
unha de pel, unha de dousmilcinco e outra escolar, das que rematan (in)xusto no mes de setembro.

viernes, 25 de noviembre de 2005

jueves, 24 de noviembre de 2005

incluso...



... a roupa interior é hoxe morada.

os antollos.

as marcas de nacemento.

viernes, 18 de noviembre de 2005

aférese


Nos soños apareces en b/n, nun dos dezaseis novenos dun plasma. Sanguíneo.

'Ti sen cor sobre fondo azul', titularía o cadro.

(unha franxa de arco da vella que feriu de morte algún papaventos)

Non hai apósitos que che paren a hemorraxia. Todo é derramar cor.

E ti en b/n mentres lle das á conciencia uns puntos de sutura.

lunes, 31 de octubre de 2005

nenas


Sinte que está nun corredoiro longo-longo e escuro-escuro que remata ao fondo cunha porta (a de atrás). Non ten máis paxaros na testa ca un corvo na mente. É 'tan negro-tan negro' que non a deixa respirar cando aletea entre as súas vísceras na procura da saída voándolle de lais a lais. Rompe un espello cada sete anos para ir prorrogando a mala sorte. Dende meniña sabe que, para verse, non precisa máis que mirar reflectida a súa propia sombra.
(a foto é un roubo)

viernes, 28 de octubre de 2005

preguntas simples


-se morro, que farías?

-un diamante coa túa cinza

-e se o perdes?

-rico a alguén

lunes, 24 de octubre de 2005

verán de dous mil ti

Dan as seis da túa mañá cando a palma da man coa que non me abrazas marca as horas no eixo do meu espiñazo. Véñenme á túa cabeza retais sen fiar de todos os tipos de xénero: drama, seda, comedia e flanela. Por riba de cada un dos fíos estiro as sabas de liño.
Pasou o verán. Non dan secado.
(préstamo para ilustrar)

loca ella y loco yo



a ver, quién es ella y quién soy yo?

es decir tú


bueno, nosotros


y él?

vosotros y ellos...

y anda que ellas...


(monólogo de gato)

viernes, 21 de octubre de 2005

cor carne



a min, coma a todos, naceume a alquimia na escola, ao misturar o branco co laranxa na procura da cor codiciada, a primeira que se acababa, aquela que só viña nos estoxos de 24. e de aí para norte...

maioría de 'b'

TEST

Risca cun 'x':

1. Canto tempo?

a) tempo ningún

b) non pasa

c) meses

2. Cantas veces algún?

a) infindas

b) imposible

c) de cando en cando

3. Por que sucede?

a) o que?

b) non sucede, é

c) sucede ás voltas

4. Como é?

a) xa non é

b) inmenso

c) mingua

5. Quen é?

a) quen?

b) só un

c) un outro máis

6. Que é?

a) nada

b) de laranxa

c) é tona

RESULTADOS:

  • maioría de 'a': xa pasou
  • maioría de 'b': aínda
  • maioría de 'c': déixallo ó tempo

miércoles, 19 de octubre de 2005

anuncio

(roubeilla a 'static')

viernes, 14 de octubre de 2005

próxima estación: outono


coloréome. collo un lápis, un pilot, e raio sobre un caderno labanda (si, con b). un banco de estación. compoño esta sinfonía para min, de autocompracencia. coma as cóxegas de se tocar.

así maquillo, si, maquillo, o son das rodas contra os seus raís.

miércoles, 21 de septiembre de 2005





vermello: adx. 1. Da cor do sangue. Levaba blusa vermella e saia negra. // s.m. 2. A cor vermella. O semáforo en vermello indica que non se pode pasar. s Poñer(se) ou virar(se) vermello. Facer que [a alguén] se lle coloree o rostro ou colorearse o rostro de vergonza. Vírase vermello por calquera cousa. SIN. poñerse colorado, ruborizar(se). u SIN. encarnado, rubio.


verde: adx. 1. De cor semellante á das follas das árbores ou á da herba. Os lagartos teñen a pel verde. 2. Que aínda ten zume [vexetal]. Esta leña está verde, non vale para queimar. ANT. seco. 3. Que aínda non está cumprido, é dicir, que aínda non se formou de todo e polo tanto aínda non se pode comer [froito]. Gústame colle-las mazás aínda verdes da maceira e comelas. ANT. chegado, maduro. CF. inmaturo. 4. Que aínda lle falta para alcanza-las condicións adecuadas. Ocorréuselle unha idea pero aínda a ten moi verde, debe traballala máis. // s.m. 5. A cor verde. O verde dos teus ollos engaiólame.