miércoles, 21 de septiembre de 2005





vermello: adx. 1. Da cor do sangue. Levaba blusa vermella e saia negra. // s.m. 2. A cor vermella. O semáforo en vermello indica que non se pode pasar. s Poñer(se) ou virar(se) vermello. Facer que [a alguén] se lle coloree o rostro ou colorearse o rostro de vergonza. Vírase vermello por calquera cousa. SIN. poñerse colorado, ruborizar(se). u SIN. encarnado, rubio.


verde: adx. 1. De cor semellante á das follas das árbores ou á da herba. Os lagartos teñen a pel verde. 2. Que aínda ten zume [vexetal]. Esta leña está verde, non vale para queimar. ANT. seco. 3. Que aínda non está cumprido, é dicir, que aínda non se formou de todo e polo tanto aínda non se pode comer [froito]. Gústame colle-las mazás aínda verdes da maceira e comelas. ANT. chegado, maduro. CF. inmaturo. 4. Que aínda lle falta para alcanza-las condicións adecuadas. Ocorréuselle unha idea pero aínda a ten moi verde, debe traballala máis. // s.m. 5. A cor verde. O verde dos teus ollos engaiólame.