lunes, 31 de octubre de 2005

nenas


Sinte que está nun corredoiro longo-longo e escuro-escuro que remata ao fondo cunha porta (a de atrás). Non ten máis paxaros na testa ca un corvo na mente. É 'tan negro-tan negro' que non a deixa respirar cando aletea entre as súas vísceras na procura da saída voándolle de lais a lais. Rompe un espello cada sete anos para ir prorrogando a mala sorte. Dende meniña sabe que, para verse, non precisa máis que mirar reflectida a súa propia sombra.
(a foto é un roubo)

viernes, 28 de octubre de 2005

preguntas simples


-se morro, que farías?

-un diamante coa túa cinza

-e se o perdes?

-rico a alguén

lunes, 24 de octubre de 2005

verán de dous mil ti

Dan as seis da túa mañá cando a palma da man coa que non me abrazas marca as horas no eixo do meu espiñazo. Véñenme á túa cabeza retais sen fiar de todos os tipos de xénero: drama, seda, comedia e flanela. Por riba de cada un dos fíos estiro as sabas de liño.
Pasou o verán. Non dan secado.
(préstamo para ilustrar)

loca ella y loco yo



a ver, quién es ella y quién soy yo?

es decir tú


bueno, nosotros


y él?

vosotros y ellos...

y anda que ellas...


(monólogo de gato)

viernes, 21 de octubre de 2005

cor carne



a min, coma a todos, naceume a alquimia na escola, ao misturar o branco co laranxa na procura da cor codiciada, a primeira que se acababa, aquela que só viña nos estoxos de 24. e de aí para norte...

maioría de 'b'

TEST

Risca cun 'x':

1. Canto tempo?

a) tempo ningún

b) non pasa

c) meses

2. Cantas veces algún?

a) infindas

b) imposible

c) de cando en cando

3. Por que sucede?

a) o que?

b) non sucede, é

c) sucede ás voltas

4. Como é?

a) xa non é

b) inmenso

c) mingua

5. Quen é?

a) quen?

b) só un

c) un outro máis

6. Que é?

a) nada

b) de laranxa

c) é tona

RESULTADOS:

  • maioría de 'a': xa pasou
  • maioría de 'b': aínda
  • maioría de 'c': déixallo ó tempo

miércoles, 19 de octubre de 2005

anuncio

(roubeilla a 'static')

viernes, 14 de octubre de 2005

próxima estación: outono


coloréome. collo un lápis, un pilot, e raio sobre un caderno labanda (si, con b). un banco de estación. compoño esta sinfonía para min, de autocompracencia. coma as cóxegas de se tocar.

así maquillo, si, maquillo, o son das rodas contra os seus raís.