miércoles, 29 de marzo de 2006

elle

anoitece unha maña de decembro e bota polas contras para acentuar o escuro. é un sábado de inverno dun ano que comeza por dousmil. mergullada no sal e o aceite de oliva virxe oe unha voz que lle berra dende a cociña:

-fágoche de vivir?

cos beizos duros do medo sentencia que lle pasou a fame

viernes, 24 de marzo de 2006

...abarcas...



quixera saber quen che expediu a licenza para pescar en radas do meu pensamento

só iso

martes, 21 de marzo de 2006

ao mando



por fin podo pousar a man, pensar na túa liscando do peto. podo mirarme por enriba do ombro, reflectirte tres-veces-tres e tocarche algunha canción no cabelo. podo poñer unha saia e provocar que me provoques e nos estrelemos. son quen xa de ir canda ti, en paralelo.
bico o vento, xiro o ceo, viro o rumbo.
e, cando por fin podo facer todo isto, vou e marcho.
'tu mano, eternamente, tu mano'
yolanda. pablo milanés

miércoles, 15 de marzo de 2006

ves dalí


se ti me dis que me deixas eu regáloche un post vermello e un soño.
eis:
-'ese' cadro de dalí
-unha catedral na praia

porque ti me dixeches que ese lugar existe e eu sei que alí podemos vernos a cambio de pechar os ollos.

(cando alguén se vai lonxe da terra, adoita
atacalo unha doenza chamada ‘síndrome do noroeste’.
se che da, que che receiten retorno)

jueves, 9 de marzo de 2006

reflexións sobre os dous

odio facer nada. especialmente sen ti

martes, 7 de marzo de 2006

meteogalicia



e despois de que chovera durante varios días, ao seguinte de todos, de mañá,
sorprendeuna un estrano arco da vella monocolor ante o que non foi capaz de conter as bágoas