martes, 21 de febrero de 2006

nós-outros


unxístesvos de aloumiños ate que non destes para máis. respiráchedes co alento do alento. co arco do iris dos ollos do outro. espíchedes os corpos, vestíchedes a noite do temporal. non houbo máis sons que os netos de ámbalas gorxas.

zume de laranxa na sen...
améndoas no ventre...
soia no embigo...
confesións amalgamadas...

sorrisos ao atravesar a ponte que leva ata a barca (aínda que xa non che penduren as nubes do pelo)

lunes, 20 de febrero de 2006

dicirlle a quen anda na sombra:

que non traballe tanto, non chore, viva, que miañe

jueves, 16 de febrero de 2006

azofrando nas cereixas

comezamos aos poucos a xuntar das risas para as choras e cando nos quixemos dar conta pasábamos dos dous quilos de cereixas. por descarte tiramos fóra as máis verdes. mal feito, porque aínda é hoxe o día en que non deixamos de azofrar nelas.



Soño coa primeira cereixa do verán.
Doulla e ela lévaa á boca, mírame con ollos cálidos, de pecado, mentres fai súa a carne. De repente, bícame e devólvema coa lingua.
E eu que marcho tocado para sempre, o óso da cereixa todo o día rolando no teclado dos dentes como unha nota musical silvestre.
Manuel Rivas, Que me queres, amor?

miércoles, 15 de febrero de 2006

resumo:


enchíasme os ollos de mundo... eras XIGANTE.
abrinos e vino cos meus. mentías.

lunes, 13 de febrero de 2006

e eu non tiro a primeira pedra


porque non estou exenta nin libre de pecado. pero ti cando me ollas dende este húmido espazo no que te invento, varres coas pestanas a terra seca que me cobre as pálpebras. prantas mapoulas entre as pedras. deixas que agrome o eu en ti, o binomio que retroalimento cando fago ouvear aos cans.

jueves, 9 de febrero de 2006

de cara ao entroido

¿vas vir ¿verme? ou bolboreta?