atmosfera protectora
non se trata dun simple cristal. é unha atmosfera protectora. fóra hai cans, chuvia, ruido, vapor gris, smokers que die younger e tres coches que arrancan en segunda.
do teu lado tes a visión borrosa, as chaves dos coches e maila indecisión.
se atravesas a liña, se rompes o cristal, vas sentir o que sinte a ameixa fóra da cuncha.