lunes, 26 de febrero de 2007

segredo


poderías deixalo da miña man, agochado nesa caixa de metal que hai quen chama de biscoitos. pero non, sabes que algo tan fino, tan delicado só o podes gardar na illa do mundo, onde non se enche de po, ás escuras. e que non entre sequera unha nota musical.

jueves, 1 de febrero de 2007

cambio climático

logo viñeron os outros. de sal e de azucre, de cara e de cruz. con danzas estranas que nunca antes viran os ollos inertes nin os cheos de vidas. alí el, ermo. ese si, baldío. aquí eu, atlas na man, estudando o mundo.

preme a luz, vístete. ou non, agarda a que pase. espera a escuras cinco minutos.