martes, 13 de marzo de 2007

sen palabras

chamáchesme para contarme que fai tempo que non me sentes, que as palabras que non quixen escoitar van xa por outro camiño. tamén a ti, de tan lonxe, te deixei de sentir. hai estradas de verbas nas que o asfalto non calla, cheas de foxos e silencios. e, aínda así, temos que pagar peaxe.