lunes, 28 de abril de 2008

a batalla


parapétaste detrás de min e convírtome en escudo humano. pénsao ben. a covardía ten ás veces un efecto bumerán.

martes, 22 de abril de 2008

autorretrato


-resistindo-

domingo, 13 de abril de 2008

posguerra


caeume a alma aos pés cando cheguei alí e vin aquilo así, feito cascallo. contáronme que da rabia rompera o cristal cunha pedra roma (das do pai-nai-fillo), roubara as chaves e -lonxe de fuxir inmediatamente- se parou con parsimonia a abrir a pechadura cando xa non tiña sentido, celebrando unha eucaristía. o resto fíxoo o tempo que, sutilemente, traballou na destrucción tinguindo de gris a madeira que dera acubillo á súa verdadeira historia. mirar para alí máis dun segundo era como estar facendo o amor coa morte. lenemente.